A cea da mocidade deste ano ten data!. Un evento ao que non podemos faltar, porque lembraremos os mellores momentos da viaxe a Jerez e aproveitaremos para presentar o proxecto do vindeiro ano, que xa está, e nunca mellor dito, en "cociña".

Este é o "menú" que temos preparado para unha xornada na que esperamos contar con todas e todos vós, se queredes, con acompañantes incluídos/as:



Data do evento: Sábado, 15 de novembro
Hora de reunión: 21:00 h.
Lugar de encontro: Aula CeMit (Telecentro, na planta baixa do edificio da biblioteca)

Primeiro veremos o vídeo e fotos da viaxe de 2014, logo falaremos do proxecto para 2015. A ver se vos convence…

De seguido, gran cea en Casa Filiberto (Carballeira de Santa Minia) e, a continuación, sesión "Fiesta" amenizada, entre outros, polos grandes éxitos do verán que máis nos “acaloran”.

MENÚ DA CEA:

Entrantes:

Croquetas caseiras
Ameixas ao viño fino
Chocos fritidos con ali-oli

Prato:

Bacallau ao forno con sofrito ou Carrilleras de porco guisadas con puré de patacas e setas (a escoller)

Sobremesa:

Torta de queixo ó forno con lima e Brownie de chocolate e noces con tofe.
O menú inclúe augas, refrescos e cervexa, viño Rioja Crianza e Ribeiro Blanco. Tamén café de pota e licores.

O prezo é de 25 € por persoa


MOI IMPORTANTE: Os que vaiades asistir, por favor, confirmade a reserva e escollede prato (carne ou peixe) mediante un correo electrónico  antes do martes 11 de novembro. Non vos esquezades! Se traedes acompañantes, inscribídeos tamén coa elección do prato.

Animádevos e facede publicidade da cea. Podedes traer acompañantes e tamén comentarllo a participantes doutras viaxes, aínda que non asistiran á deste ano.

Comentarios ( 0)