O pasado sábado 15 de novembro celebramos a cea das viaxes da mocidade de Brión. Un evento que xa é toda unha tradición, un reencontro no que celebramos os lazos de amizade que xorden en cada excursión dos mozos de Brión e que se fortalecen ano a ano.

Nesta ocasión reunímonos 35 dos participantes na viaxe, e aproveitamos a velada para lembrar con nostalxia os momentos vividos en Andalucía a finais do mes de xullo. A película da viaxe e as fotos que proxectamos antes da cea, serviron para revivir aqueles días de aventuras en Jerez de la Frontera.

Dende a organización queremos agradecervos a vosa participación e implicación nun proxecto que dende 2007 fortalece os lazos de unión entre mozos de diferentes lugares do concello. Esta cea é mostra deste espírito de camaradería e amizade que esperemos nunca esmoreza. Porque, como xa sabedes, está en preparación un novo proxecto que non tardaremos en presentar neste blog. Estade atentos...

Comentarios ( 0)