Un recordo indispensable, un dvd cada vez que imos de viaxe... todos os recordos das viaxes gardados para sempre...


GUILLENA 2006
Recopilación de videos e imaxes durante a estancia no pobo de Guillena en Sevilla durante o intercambio do ano 2005 - 2006. Recopilanse momentos como a festa andaluza, a festa galega, as saidas nocturnas, as visitas máis salientables... e tamén se recollen un montón de fotos entregadas polos participantes.


CANTABRIA 2007
"Hightower" é o protagonista desta historia que comezou como a película de "Mortadelo e Filemón" e rematou como "Loca academia de policia". Neste video recollense vivencias dos paeos por Suances, Potes, o Parque de Cabarceno, San Sebastián, Santillana del Mar, etc... Tamén recopila fotos aportadas polos participantes.


MALAGA 2008
O equipo de A-monitores, desplazase nesta nova misión ao sur de España, máis concretamente a cidade de Málaga. Recollense as aventuras destes 57 viaxeiros en Málaga, Granada, Covas de Nerja e Tesoro, Gibraltar, Ronda, Marbella, Puerto Banús, etc... Tamén inclue fotos aportadas polos viaxeiros.



VALENCIA 2009
Unha aventura na cidade do Turia onde os nosos intrepidos "axentes segredos" acompañan aos mozos de Brión nunha misión que ten como fin descubrir os segredos da Ciudad de las Artes y las Ciencias, a insolita historia do Papa Luna e os tesouros ocultos de Peñíscola, etc... Non faltan esceas de enorme risco, como as protagonizadas na visita a Terra Mítica, onde os nosos protagonistas viviron momentos de extremado perigo.

NOTA: Se che falta algún dos DVD, podes pedirnolo...


Intercambio con GUILLENA 2010
Este ano os mozos e mozas de Brión visitamos Guillena e Andalucía, revivindo as experiencias de anteriores intercambios culturais realizados en 1992 e 2006. E para que non esquezas os mellores momentos desta viaxe, xa está á túa disposición o DVD coa película da excursión. Rememora as visitas a Sevilla, Córdoba, Cádiz...; descobre as dotes taurinas de Morenito de Brión diante dun "morlaco" dos que non hai en Alqueidón; sorpréndete vendo a Adrián polo "rego" por vez primeira en toda a excursión...
Ademais este ano incluímos extras e unha selección das mellores imaxes (descargables) da viaxe.

NOTA: Se che falta algún dos DVD, podes pedírnolo...

Comentarios ( 0)