Cea da viaxe a Guillena 2010

Como non podía ser doutro xeito non debedes faltar á tradicional cea que, coma todos os anos, faremos para reencontrarnos e pasar unha agradable velada recordando os mellores momentos da viaxe. Xa podo informar de que a CEA vai ser o SÁBADO 22 de OUTUBRO (adiantamos a data proposta inicialmente) no Hotel Balneario de Compostela, en O Tremo, ás 22:00 h.
Se queredes asistir, por favor, inscribídevos previamente, pois necesitamos comunicar ao restaurante cantos imos ser. Podemos facelo ata o día 19 de outubro enviando unha mensaxe ao correo: concellodebrion@gmail.com ou chamando ao tfno.: 981 50 99 69 (luns-venres de 16 a 22 horas)

Por suposto, e como xa é tradición, entregaremos a película da viaxe e presentaremos o proxecto para a Viaxe da Mocidade 2012. Podes vir acompañado/a e tamén se poden anotar participantes doutras Viaxes da Mocidade de Brión.
O menú...



Hai pouco máis dun mes, un grupo de mozos e mozas brioneses estabamos recorrendo a Cidade Condal e coñecendo outros lugares de Cataluña. Pouco máis de trinta días pasaron, pero xa parece toda unha eternidade. A viaxe rematou, pero perdura a lembranza das visitas realizadas e dos bos momentos vividos.

Agora toca revivir a experiencia vendo as fotos da viaxe, con moita morriña e saudade daqueles días de xullo.  No portal web do concello, no apartado de galerías fotográficas, podedes ver unha escolma de imaxes da viaxe (ou premendo nesta ligazón). Se queredes colaborar co álbum da excursión, podedes facelo enviando as vosas fotos, que gustosamente incluiremos nas galería web e no vídeo da viaxe.