XA ESTÁ AQUÍ A CEA DESTE ANO!!! Como non podía ser doutro xeito, e para non perder contacto con todos vos, preparamos para este ano unha nova CEA para os particpantes na viaxe da Mocidade 2010 a Guillena.

DÍA: 13 de Novembro de 2010

HORA: ás 22:00 hrs.

LUGAR DE CELEBRACIÓN: HOTEL BALNEARIO DE COMPOSTELA no Tremo

PREZO: 25 €/persoa

MENÚ:
ENTRANTES
Tostada de chicharrons con queixo
Croquetas de centola
Langostinos cocidos

PRIMEIRO PRATO
Lombos de Lubina a prancha

SEGUNDO PRATO
Solomillo Ibérico con Pastel de Pataca e Bacon.

POSTRE
Filloa rechea con mousse de queixo e bola de xeado

BODEGA
Albariño Blanco Valtea
Rioja Edulis-Lealtanza
Aguas Minerales

SOBREMESA
Café e chupitos
O prazo máximo para anotarte é ata o día 5 de Novembro e podes facelo chamando á Casa da Cultura (981 50 99 08) en horario de mañá ou a Biblioteca Municipal (981 50 99 69) en horario de tarde.

Por suposto, e como xa é tradición, entregaremos a pelicula da viaxe e presentaremos o proxecto para a Viaxe da Mocidade 2011.

Podes vir acompañado/a e tamén se poden anotar particpantes doutras Viaxes da Mocidade de Brión.

CORRE A VOZ E ANOTATE CANTO ANTES!!!

Comentarios ( 0)