Moitas grazas a todos/as por asistir á cea do Intercambio con Guillena 2010! A pesar da noite pasada por auga, xuntámonos 59 comensais; non está nada mal. Moitos dos participantes na viaxe non puideron asistir por diversas razóns, pero os que se achegaron ata o Hotel Balneario de Compostela puideron ver, en primicia, a película e fotografías da viaxe, un DVD que levaron de agasallo para as súas casas.

A cea seguiu a proxección do vídeo, e a velada prolongouse ata tarde; que menos nun sábado. Como acontecera en Guillena, non faltou unha cámara que inmortalizara a xuntanza. Así que, aquí presentamos as fotos oficiais...





 

 



Quen desexe dispor delas en formato completo ou queira conseguir o DVD oficial da viaxe, pode conseguilos na Casa de Cultura, en horario de tarde.

Comentarios ( 0)