Despois dunha semana en Guillena, regresamos a Brión. Cansos, pero con mil e unha novas experiencias que contar. Morriñentos, polo tempo que compartimos xuntos en Andalucía e polos amigos que alí fixemos, pero coa esperanza de non tardar en regresar.

Ademais, esta semana un grupo de 80 mozos e mozas guilleneros están a convivir connosco, mentres coñecen Brión e Galicia. Isto fai que Guillena aínda estea moi presente. Pero, por moito tempo que pase, endexamais esqueceremos as boas experiencias vividas niste intercambio.

A todos os amigos e amigas de Guillena que tan agradable fixeron a nosa estancia en Andalucía: moitas grazas!!

Se queres ver unha escolma das imaxes deste intercambio, preme nesta ligazón!

Comentarios ( 0)