Os mozos e mozas de Brión visitaron este verán Marbella para dende alí desprazarse ata Ronda, Estepona, Nerja, Torremolinos, Fuengirola e Málaga. Durante a estancia, que se prolongou do 20 ao 26 de xullo, o grupo de 49 participantes coñeceu, entre outras cousas, as famosas Cuevas de Nerja ou o castelo de Gibralfaro. Os que quixeron, tamén gozaron das atraccións acuáticas do parque Aqualand de Torremolinos.
Unha intensa semana en Andalucía, chea de momentos inesquecibles que xa forman parte do álbum de recordos dunha gran familia formada por mozos e mozas de idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos. Tampouco nos esquecemos de Lito e Pepe, os condutores, dous grandes profesionais da estrada que nos guiaron de lugar en lugar con moita paciencia. Moitas grazas en nome do grupo. 
Dende a organización so podemos amosar satisfacción. Foi unha experiencia inesquecible viaxar cunha mocidade tan unida, sa e divertida. Estámosvos moi agradecidos por participar nesta actividade que dende 2007 (sen contar os intercambios) está a establecer inquebrantables lazos de amizade e camaradería entre xente nova de todos os puntos do concello e localidades veciñas. Esperamos contar convosco en futuros proxectos. Mentres tanto, só queda lembrar con morriña as imaxes dunha viaxe que, aínda que rematou, deixou unha profunda pegada en todos nós.

Galería de imaxes da viaxe

Comentarios ( 0)