Xa non falta nada! O domingo 19 de xullo dende as 23:30 h. o autobús que nos vai levar cara a Marbella (Málaga) espera por nós. Ás 00:00 h. iniciaremos a viaxe. Sede puntuais e non vos esquezades meter todo o necesario na maleta (Unha por persoa).
Lembrade levar toallas (tamén a da praia), roupa fresca (espéranse altas temperaturas), traxe de baño e protector solar. Non esquezades o DNI e a Tarxeta Sanitaria. E o máis importante, gañas de pasalo ben nunha viaxe na que coñeceremos un fermoso recuncho de Andalucía.

Comentarios ( 0)