O verán xa queda a tras e o outono fainos estar un pouco máis morriñentos, lembrando aqueles días cando iamos camiño de Málaga, para gozar dunha semana de vacacións en Andalucía. Mais, que mellor remedio contra a nostalxia que volvernos xuntar este outubro!

Pois dito é feito!: xa temos data para a Cea da Viaxe da Mocidade Málaga 2012. E non é outra que o vindeiro sábado 27 de outubro. A partir das 21:30 horas, como se non pasara o tempo, o bus de Lito (Modesto Riveiro) estaranos esperando onda de costume (xunto a Capela de Santa Minia) para partir rumbo cara ao restaurante  "O Arranca"  en Ordoeste (A Baña).
....


Alí espéranos o seguinte...

MENÚ:
- Chipiróns
- Churrasco mixto con patacas fritas e ensalada
- Café/Chupitos
- Postre

PREZO: 25 €

Lembrade que na cea, como ven sendo costume, entregaremos o tradicional DVD co vídeo e as fotos da viaxe deste ano. Por iso, que non podedes faltar.

Os que prefirades ir en coche particular, porque vos marea o bus, quedamos directamente no restaurante ás 22:00 h. Ao rematar a cea, uns e outros tomaremos dirección Santa Comba. Alí, o autobús esperaranos ata as 4:30 h.; a partir desa hora, con puntualidade, regresaremos á Carballeira de Santa Minia.

Para anotarse, tanto se vindes en bus coma se non, é necesario responder ao correo que se vos enviou, confirmando que ides asistir antes do día 19 de Outubro. Non esperedes ao último día para anotarvos, que logo é un folión. Podedes traer acompañante/s e amigos/as que viñeran outros anos as viaxes da mocidade connosco.



Comentarios ( 0)