Despois dunha inesquecible semana en Málaga, estamos de volta en Brión. De Andalucía traemos a maleta chea de lembranzas, recordos que se converten en imaxes na galería fotográfica que a continuación vos presentamos e que poderedes ver premendo na ligazón que atoparedes a pé de páxina.

Lembrade que estas fotos (e algunhas máis) volas entregaremos nun DVD, xunto co vídeo da excursión, na cea que celebramos en outono, nunha data aínda por determinar.

Para rematar, só queda darvos as grazas por participar na viaxe deste ano, unha excursión caracterizada  polo extraordinario compañeirismo e unidade entre todos os participantes. Verdadeiramente, foi un pracer viaxar convosco.

Ligazón coa galería de imaxes

Comentarios ( 0)