Si, confirmado: este verán imos a Málaga!. E non fai  falla enganchar o autobús ao Delorean de Julius McFly. Malia que non se cubriron a totalidade das prazas, a día de hoxe (18 de maio) temos un total de 43 participantes que se animan a realizar a viaxe.

Aínda que pareza que falta moito tempo para marchar, xa estamos moi preto da data. Hai que ir pensando na maleta, no que imos levar... POIS AQUÍ FACEMOS UNHA RECOMENDACIÓN: Unha das saídas programadas vai ser GIBRALTAR e, como seguramente saberedes, estaremos noutro país polo que hai que pasar por unha alfándega (aduana). Por iso que, para entrar ao "peñon" é necesario ter o carné de identidade en vigor; así que BOTÁDELLE UN OLLO AOS VOSOS DNIs E COMPROBADE QUE NON ESTEAN CADUCADOS. Toda aquela persoa que chegue alí con el caducado poderían non deixalo entrar, co que terá que esperar na fronteira ata que remate a visita. Non é broma, estivemos alí no primeiro viaxe a Málaga e sabemos como funciona.

Cara a primeiros de Xullo poñerémonos en contacto convosco para facer unha nova xuntanza, onde xa explicaremos polo miúdo a viaxe a Málaga 2012. Por último, lembrarvos que, no caso "puntual" de que a última hora algún de vós non poida asistir, faga o favor de comunicárnolo o antes posible.

Viaxe da Mocidade 2012. Reunión 15 de maio :: Presentación

Comentarios ( 0)