Na Viaxe da Mocidade 2012 regresamos a Málaga!

Lembrades o ano 2008, cando un grupo de rapaces e rapazas de Brión viaxaron a Málaga? Para repetir aquela inesquecible experiencia non fai falla que viaxes no tempo.

Este verán volvemos a visitar Málaga; como ven sendo habitual, a finais de xullo. Este é un adianto do proxecto Regreso a Málaga 2012:

Datas: Do 21 ao 28 de xullo
Prazas: 52
Prezo: 200 €  Inclúe desprazamentos e estancia a media pensión (pernocta, almorzo e cea) no Albergue de Málaga

Inscrición dende o 10 ao 30 de abril.
Data máxima conformación de pagamento :
15 de maio

Mantente atendo ao blog para estar ao día sobre as novidades da Viaxe da Mocidade!

Comentarios ( 0)