Que hai de novo, viaxeiras e viaxeiros! Como xa sabedes, o pasado 31 de maio finalizou o prazo de preinscrición na VIAXE DA MOCIDADE A PUNTA UMBRÍA (HUELVA) 2016. Dende agora e ata o día 22 de xuño as mozas e os mozos que tendes praza reservada DEBEDES TRAMITAR A INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE se estades interesados en participar.

Para facelo, tendes que realizar o seguinte procedemento:

-Cubrir a folla de solicitude de inscrición que atoparedes AQUÍ . Unha vez feito, deberedes aceptar as condicións do ANEXO 1 e asinala. A folla de inscrición tamén podedes recollela na biblioteca.

-Axuntar fotocopias do DNI e TARXETA SANITARIA

-Cubrir as follas de autoliquidación de impostos e taxas municipais que atoparedes nesta ligazón. O concepto orzamentario é: “Taxas por servizos educativos e culturais”, onde tendes que consignar o prezo da viaxe: 220 €. No campo “TEXTO” poñedes: “Viaxe da Mocidade de Brión: Punta Umbría 2016”. O abono das taxas facédeo nas entidades bancarias que aparecen ao pé de páxina. No banco daranvos un resgardo de pagamento que deberedes entregar co resto da documentación. As follas tamén podedes recollelas impresas en calquera oficina municipal.

-Unha vez completado o anterior, deberedes entrega toda a documentación na biblioteca, de luns a venres en horario de 16 a 22 horas ou sábados de 9 a 14 h.

LEMBRADE que tendes ata o DÍA 22 DE XUÑO para facelo.
Os mozos/as que NON REALICEN O PAGO NESTAS DATAS PERDERÁN O SEU DEREITO Á PRAZA, quedando vacante para cubrila coa xente que estea apuntada na listaxe de espera.