O venres 4 de decembro os/as mozos/as de Brión celebraron a Cea da Viaxe da Mocidade 2015. Un esperado evento que volveu reunir aos participantes na Viaxe da Mocidade a Marbella que tivo lugar en xullo deste ano.

Na velada, que se celebrou no Restaurante O Padriño, reunímonos 37 dos participantes nesta actividade para lembrar con nostalxia os días vividos este verán en Andalucía. Algo que non resultou difícil, pois na sobremesa proxectouse unha película da viaxe, acompañada dunha galería de imaxes, que serviron para revivir aqueles días de vacacións en Marbella e outros lugares da provincia de Málaga.
Dende a organización queremos agradecervos a vosa participación e implicación nun proxecto que dende 2007 fortalece os lazos de unión entre mozos de diferentes lugares do concello. A cea é mostra dun espírito de camaradería e amizade que esperemos nunca esmoreza. Porque, como xa sabedes, estamos a preparar unha nova aventura da mocidade de Brión que non tardaremos en presentar neste blog. Non o perdades de vista...



Comentarios ( 0)