A Viaxe da Mocidade 2011 xa ten lugar de destino: Barcelona!

Lembrades o ano 1997, cando un grupo de rapaces e rapazas de Brión viaxaron a Barcelona? Os que daquela participaron creo que non se esquecerán das visitas á Montserrat, Port Aventura... e, por suposto, aos lugares máis coñecidos da Cidade Condal.

Este verán repetimos experiencia; como ven sendo habitual, a finais de xullo. Este é un adianto do proxecto Barcelona 2011:

Datas: Do 23 (saída 22 h.) ata o 29 de xullo (regreso pola mañá, chagada a Brión pola noite)
Prazas: 50
Prezo: 170€  Inclúe desprazamentos e estancia a media pensión (pernocta, almorzo e cea) no Albergue Centre Esplai.

Inscrición durante o mes de abril.
Data máxima conformación de pagamento :
14 de maio
1º reunión: 21 de marzo ás 21:30 h. no Centro Social Polivalente

Mantente atendo ao blog para estar ao día sobre as novidades da Viaxe da Mocidade!

Comentarios ( 0)