Durante a pasada Romaría de Santa Minia, un grupo de seis amigos e amigas do Concello de Guillena, tan coñecido polos mozos e mozas de Brión, visitaron Brión para desfrutar da nosa festa máis importante.

Entre estes seis visitantes, atopábase o recén nomeado alcalde de Guillena, Lorenzo Medina Moya. Para os que non saibades de quen estamos falando, Loren participou como visitante naquel intercambio que se fixo a raíz da Expo ‘92 de Sevilla e o Xacobeo 2003.

Anos despois, no 2006 repetíase a experiencia asistindo tamén este, pero agora xa como tenente de alcalde do concello de Guillena.

Ademais de para saborear o polvo e o viño tinto, esta viaxe tamén serviu para manter unha reunión co Alcalde de Brión, coa fin de ir sentando as bases para o que será UN NOVO INTERCAMBIO con esta poboación hispalense.

Polo de pronto, as conversacións mantidas durante estes dias co Alcalde de Guillena auguran unha moi boa viaxe da mocidade para este ano, tanto para os veciños e veciñas de Brión coma para os de Guillena.

Aqui podedes ver algunha das imaxes:









Recorda que estamos en facebook:

Perfil de Facebook de Concello de Brión

Comentarios ( 0)