![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjmSO9sYDxhzbgJ33kK8cN7pQw_9qTOQLDn9Ve1Pa5Z76edIi9ImSYDTSoYafmxt-wb5j5docngIqx_95Uf4IOmXqkVovqd0tehNWKEEdkjlluO2b1cmKstPEwAfwKz1j2Ddk6k3DlwK7YI/s1600/imag.jpg)
Xa non falta nada! O domingo 19 de xullo dende as 23:30 h. o autobús que
nos vai levar cara a Marbella (Málaga) espera por nós. Ás 00:00
h. iniciaremos a viaxe. Sede puntuais e non vos esquezades meter todo o
necesario na maleta (Unha por persoa).
Lembrade levar toallas (tamén a da praia), roupa fresca (espéranse altas temperaturas), traxe de baño e
protector solar. Non esquezades o DNI e a Tarxeta Sanitaria. E o máis importante, gañas de
pasalo ben nunha viaxe na que coñeceremos un fermoso recuncho de
Andalucía.
11:15 |
Category:
Marbella,
saída,
viaxes
|
Comentarios ( 0)