A cea da mocidade deste ano ten data!. O venres 11 de novembro celebraremos un evento ao que non podemos faltar, porque lembraremos os mellores momentos da viaxe a Punta Umbría e aproveitaremos para presentar o proxecto do vindeiro ano.

De seguido, toda a información do evento, onde esperamos contar con todas e todos vós, se queredes, con acompañantes incluídos/as:

Data do evento: Venres, 11 de novembro de 2016
Hora de xuntanza: 22:30 h.
Lugar de encontro: Centro Social Polivalente

MENÚ DA CEA:

-Langostinos á prancha
-Ameixas á mariñeira
-Tenreira estufada
-Sobremesa

Pan, augas, viño, café e licor

O prezo é de 20 € por persoa
MOI IMPORTANTE: Os que vaiades asistir, por favor, confirmade a reserva enviando un correo electrónico. Tendes ata o día 8 de novembro para facelo. Non vos esquezades! Se traedes acompañantes, inscribídeos tamén.

Comentarios ( 0)