Estimados/as amigos/as:

Como ven sabedes o Concello de Brión, a través da concellaría de cultura e xuventude, organiza todolos anos no mes de xullo unha viaxe para os mozos e mozas.

Para este ano, estamos preparando unha viaxe a cidade de Valencia durante a semana que vai dende o 19 ata o 25 de xullo, ambolos dous incluidos.

O prazo de inscrición para participar estará aberto dente o día 1 ata o 30 de abril de 2009 na casa da Cultura, en persoa ou mediante chamada telefónica ó número 981 50 99 08, en horario de luns a venres de 9:00 a 14; hrs. e de 16:00 a 22:00 hrs. A admisión dos participantes realizarase por rigorosa orde de inscrición.

Tamén cabe dicir que as condicións para participar son:

- Ter entre 18 e 35 anos

- Estar empadroado no Concello de Brión, no momento de facer a inscrición

Por outro lado, o prezo da viaxe é de 160 € no que vai incluido:

- Transporte desde Brión a Valencia e desprazamentos para as actividades programadas.

- Aloxamento no albergue xuvenil Center-Valencia.

- Almorzo e cea deses cinco días que estamos na cidade de Valencia (o almorzo do luns 20 e o xantar de todos os días corre por conta dos participantes).

- Entrada á Cidade das Artes e das Ciencias.

Esperando que esta información, e máis a viaxe, sexan do voso agrado.

En vindeiros días iremos colgando máis información na web.

Recibide un cordial saudo do grupo de monitores das viaxes da xuventude

Recorda que estamos en facebook:

Perfil de Facebook de Concello de Brión