.
DESTINATARIOS

Poderán participar na "viaxe da mocidade a Barcelona 2011" todos os mozos e mozas veciños do Concello de Brión que no momento da súa participación estean empadroados e teñan entre 18 a 35 anos de idade.

DATAS

A viaxe realizarase entre o 23 e o 29 de xullo do ano 2011.

PRAZAS

O número máximo de participantes é de 50.

A VIAXE INCLÚE

• Transporte desde Brión a Barcelona, ida e volta, e desprazamentos para as actividades programadas.
• Aloxamento no Centre Esplai de Barcelona
• Almorzo e cea de todos os días da viaxe.

PREZO

O prezo da viaxe é de 170 €.

INSCRICIÓN

A inscrición realizarase do 1 ó 30 de abril de 2011 na Casa da Cultura en persoa ou mediante chamada telefónica ó número 981.509.908 en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas e os sábados de 10:00 a 14:00 horas. A admisión dos participantes realizarase por rigorosa orde de inscrición.

Dentro deste prazo abrirase unha listaxe para os mozos de Brión e outra de reserva para os mozos de fóra do Concello, tendo os mozos de Brión preferencia á hora da adxudicación das prazas da viaxe. Os mozos de Brión que se inscriban fóra deste prazo pasarán directamente á listaxe de reserva na orde en que lles corresponda na mesma, perdendo o seu dereito de preferencia por ser veciños do Concello.

Con posterioridade, e ata o 14 de maio de 2011 os mozos inscritos deberán entregar na Casa da Cultura, no mesmo horario, os xustificantes de pago da cota, confirmando así a súa reserva de praza. Os mozos que non realicen o pago nestas datas perderán o seu dereito á praza, quedando vacante para cubrila coa xente que estea apuntada na listaxe de espera.

Os mozos inscritos na listaxe de espera, veciños do concello ou non, ocuparán as prazas que queden vacantes despois de rematado o prazo de pagamento dos mozos de Brión o día 14 de maio. En todo caso, sempre terán preferencia os mozos de Brión que tiveran quedado en listaxe de espera dentro do prazo de inscrición do 1 ó 30 de Abril.

Coa confirmación da reserva da praza no momento do pago da cota establecida, os participantes comprométense a cumplir co establecido nestas condicións xerais e co programa da viaxe na súa totalidade.

ANULACIÓN DA RESERVA E DEVOLUCIÓN DE TAXAS

En base á Ordenanza fiscal 20-PP reguladora do prezo público pola prestación de servizos culturais, educativos, deportivos e de ocio publicada no BOP da Coruña número 274 do 27 de novembro de 2008, só se procederá á devolución do importe do prezo público correspondente, cando concurra algunha das seguintes circunstancias:

1. Que por causas non imputables ó obrigado ó pagamento do prezo, non se preste o servicio por parte do Concello.

2. Que se comunique por escrito a baixa na actividade ó departamento xestor e con carácter previo ó seu inicio, e esta non supoña un perxuicio a outros interesados.